Alexandra Fernández: “Son unha máis desa xeración moi formada que non dá atopado un futuro laboral neste país”

Publicado por o día 19/11/2015 na sección de En Marea,Política

Alexandra Fernández: “Son unha máis desa xeración moi formada que non dá atopado un futuro laboral neste país”

“Queremos ser a voz dos que non teñen voz, das maiorías sociais invisibles para as institucións”, apuntou a candidata pola circunscrición de Pontevedra

Hoxe tivo lugar a presentación da candidatura pola circunscripción de Pontevedra de En Marea, o espazo común, composto por Anova, Podemos, Esquerda Unida e as Mareas municipalistas. Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo, presentou o acto dicindo que existe xa unha “xeración das mareas”.

A cabeza de lista por Pontevedra, Alexandra Fernández, definiuse como unha máis desa “xeración moi formada que non dá atopado un futuro laboral neste país” e que ela tamén foi das que “tomamos as prazas indigandas durante o 15M”.

Esta activista de 27 anos apelou , “aos ninguéns” facendo referencia ao poema de Eduardo Galeano e aos que “agardan unha operación na sanidade pública que non chega, aos que están no paro, ás vítimas da violencia de xénero, aos traballadores precarios, aos ecoloxistas que se desesperan coa contaminación das rías…”

Comprometeuse a dar voz aos que non teñen voz. A que os invisibles como ela mesma sexan os protagonistas nas institucións.

Ángela Rodríguez, secretaria de Coordinación e Igualdade de Podemos, resaltou que En Marea pretende “dignificar a política exercida polas persoas normais” e que En Marea, a diferenza dos partidos tradicionais “non dependen dos bancos para financiar a campaña senón da xente”.

Josué Vilar, número 3 da candidatura, e concelleiro por Gondomar Concello Aberto (CABE), resaltou que a participación e a transparencia cidadá é unha das prioridades de En Marea.

en-marea

PRENSA EN MAREA