Alexandre Pérez xogará no C.B. Seis do Nadal – Coia de Liga EBA

Alexandre Pérez, xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, formará parte do equipo de Liga EBA do conxunto olívico para a próxima tempada 2016/2017.
Por o 12/07/2016 | Sección: Baloncesto,Deportes
Alexandre Pérez xogará no C.B. Seis do Nadal – Coia de Liga EBA
O xogador nado no ano 1990 cumprirá a súa décimo séptima tempada como xogador do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia. Alexandre comezou a súa formación na entidade na tempada 1996/1997 na categoría benxamín e, salvo en categoría júnior e no primeiro ano de categoría sénior, estivo ligado aos equipos do Seis do Nadal.
Alexandre Pérez viviu en primeira persoa os dous Ascensos do Seis do Nadal a Liga EBA, pero tamén os dous ascensos anteriores á Primeira División.
Alexandre Pérez non dubidou en ningún momento en seguir formando parte do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia e ser un dos integrantes do equipo que competirá por primeira vez na historia da entidade na Liga EBA.
Para o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia é todo unha horna poder contar con Alexandre Pérez no equipo de Liga EBA despois de velo medrar e progresar en tódolos equipos de categorías inferiores da entidade. Pasaron vinte anos desde o seu comezo en categoría benxamín e na próxima tempada 2016/2017 xogará en Liga EBA.