Alfonso Marnotes bota en cara a Caballero que se xunte con traballadores alleos ao concello e teña sen recibir a traballadores municipais

Publicado por o día 07/10/2019 na sección de Galicia,Partido Popular,Política,Vigo

Alfonso Marnotes bota en cara a Caballero que se xunte con traballadores alleos ao concello e teña sen recibir a traballadores municipais

O portavoz municipal do grupo popular Alfonso Marnotes realizou unhas declaracións onde feita en cara que o alcalde se reúna cos traballadores e traballadoras das empresas da cidade, Marnotes afirma que “podería ser comprensible se ten algo que achegar a ese problema ou conflito”.
 
Mentres tanto o edil popular manifesta que “o que non é comprensible que non se reúna cos traballadores e traballadoras do concello, onde existen conflitos laborais moi importantes en áreas tan sensibles como a seguridade e as emerxencias”.
 
O alcalde a contestación na sala de prensa do concello ao conflito dos devanditos corpos da cidade manifesta que os que teñen que intervir niso son os responsables laborais do concello de Vigo.
 
Para os populares de Vigo resúltalles “incomprensible” e non lles “parece razoable” cuns se e con outros non, “o alcalde debe solucionar os conflitos laborais do persoal municipal” denuncia Marnotes e finaliza así as súas declaracións no día de hoxe.

Comentar noticia

Your email address will not be published.