Alfonso Rueda e Rey Varela asisten á inauguración da nova sede da Cruz Vermella en Vigo

Publicado por o día 11/01/2018 na sección de Galicia,Vigo

Alfonso Rueda e Rey Varela asisten á inauguración da nova sede da Cruz Vermella en Vigo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela asistiron á inauguración da nova sede da Cruz Vermella na cidade de Vigo. No acto participaron tamén a presidenta autonómica e o presidente nacional de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro e Javier Senet, respectivamente.

Alfonso Rueda destacou a labor que leva desenvolvendo esta entidade sen ánimo de lucro dende fai décadas e reiterou a total colaboración e apoio constante dende a Xunta.