Miguel Anxo Fernán Vello: “A alianza fraterna das esquerdas liberaranos da peste bubónica e propiciará o cambio político”

Publicado por o día 18/06/2016 na sección de Elecciones 26J,En Marea,Política

Miguel Anxo Fernán Vello: “A alianza fraterna das esquerdas liberaranos da peste bubónica e propiciará o cambio político”

Hoxe na Vila de Vilalba EnMarea celebrou un acto político de presentación das candidaturas ás Cortes para as eleccions ao 26 X. Participaron no acto o n.1 ao Congreso por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, a n.2 Vansessa Somoza, o n.3 José Manuel Pérez Afonso, o deputado de AGE no Parlamento Galego, Ramón Vázquez, a deputada de AGEe en Europa, Lidia Senra e o voceiro nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras.

O cabeza de lista ao Congreso por Lugo, MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO, comezou lembrando que “aquí en Vilalba  naceu a 5* Irmandade da Fala. Quero facer sentido de homenaxe a Lois Peña Novo e ao noso idioma propio, na toponimia vilalbesa coma Boizan, Corbelle, Soexo, Distriz, Mourence, Riobeso, Santaballa…beleza viva de noso”. E  reivindicou que “esa constelación da fraternidade das esquerdas nacionalistas e internalistas concibida coma ferramenta de liberación social e colectiva será quen de propiciar un cambio politico de vez. Este Mar Maior que diría o poeta medieval Meendinho, derrotará á peste bubónica que nos aflixe e padecemos. Nas pasadas eleccions obtivemos uns grandes resultados e conquerimos o Grupo Parlamentario que nos negaron, pero si actuou de facto. Nunca Galiza en tan pouco tempo tivo tanta presenza e recoñecemento. Faltan a verdade os que negan a realidade do traballo realizado, con tanta presenza. Isto que afirmo non me impide recoñecer, porque non somos sectarios, o traballo político histórico realizado polos representantes do Bloque Nacionalista Galego nestes 20 anos. E nestes ultimos anos o traballo realizado por Olaia Fernández Davila. Mais a día de hoxe xa estamos noutro escenario e noutro tempo histórico. Pero hoxe é En Marea a forza das esquerdas galegas e o voto util da xente común”

VANESSA SOMOZA, num 2 ao Congreso por Lugo reivindicou “a ilusion e un motor importante para conquerir obxectivos. Transformala e mudar as institucions corrompidas é o norte que nos move. Queren convencernos de q a corrupcion son casos illados pero non, son unha mafia organizada. Estamos fartos da burla que nos están facendo, e temos que mudar de raiz a situacion. Quen se cren que son para mudar a vida das persoas?. Estamos tamén fartos da agresion á liberdade sindical ou da Lei Mordaza. Xa non se aguanta máis ver seres humanos rebuscando comida no lixo mentres hai quen por ter sangue azul teñen todos os seus privilexios asegurados. Seguen a pechar comedores escolares e moitos pequenos pasarán fame. Cremos na igualdade por encima de todo. Somos máis e estamos nun barco con marea a favor. Porque aos corruptos vainos arrasar a Marea, porque as rúas son nosas e co apoio de todos nós as institucións tamén serán nosas. Non van roubarnos o noso futuro. O imos a contruir entre todos e todas nos .

Para o n.3, JOSÉ MANUEL PÉREZ AFONSO “xa non estamos dispostos a tragar con esta situación. Situaronse por riba de nos, e temos que dar unha resposta. O que comezou hai 5 anos nas prazas levaremolo as institucions. Hai que ser optimistas e construir un novo estado social. E non importa de onde vimos se non o que queremos cambiar coma cidadanía libre. Rajoy quitoulle o pienso á vaca e agora quere que siga dando leite, aumentou un 14% o número de traballadores pobres, algo vergoñento e noxento. Non podemos permitir que as nosas fillas por ser fillas cobren un 24% menos que os nosos fillos. Intolerable. Sabemos, debemos e podemos facelo. O que pasa é que a nosa receita é outra, nós rescatamos as familias, non os bancos e as autoestradas. O 26 de xuño demostraremos que non sempre gaña á banca, gañará a xente.”

A eurodeputada de AGEenEuropa LIDIA SENRA lembrou que “un goberno popular e de esquerdas ten que enfrentarse ás grandes multinacionais e ao poder economico. Aquí na Terra Cha sábese moi ben que queren entregar os nosos recursos á súa voracidade. Nestes intres PP e PSOE están levando a cabo politicas que atacan a democracia e a soberania. Priorizan os intereses dos poderosos incluso que a Nosa saude. Hai algo moi importante do que non se está falando e hai q poñer de relevo: a cuestion da débeda. Cada cidadán debe 23.000 €, q son para pagar os demanes da Banca. Sabedes, tamén por qué non falan das pensions ou dos servizos públicos? Porque están ameazados por esa debeda. Hai que plantarse ante a debeda inmoral, inxusta e odiosa. O goberno que saia ten que impagala, porque e impagable”

RAMÓN VÁZQUEZ, deputado de AGE no Parlamento Galego, interviu dicindo que “e especialmente importante falar de que a crise e unha escusa para violentar os dereitos de todas. Nos 10 ultimos anos marcharon 9.000 persoas da TCHa. Hai 5.000 vivendas baleiras. Que tolemia e facer vivendas por un tubo cando a xente marcha? Cando pechar unha Escola no rural condénase a desaparicion a un pobo. Feijóo pechou 100 na sua etapa. Non podemos permitir q nos sigan roubando o futuro. Implantan o modelo social da pobreza, na enerxía, no traballo, nos servizos sociais. Queren que sigamos tranallando ao xornal, polo pan, sen dignidade”

XOSÉ MANUEL BEIRAS amosouse “decidido a apoiar e contribuir ata o limite das miñas forzas a EnMarea e a que a cidadanía organizada e consciente se catapulte na instancia politica e mude dunha vez as cousas para q os cidadans recuperen a súa condición como tal. Todo o proceso que arranca da conciencia de que somos unha nacion sometida e un conxunto plural de masas traballadoras agredidas é o motor de autodefensa: hai q convivir e unirse. A union non é liquida, temos que seguir articulándonos. O primordial e q a maioria social se transforme en esquerda politica para representarse más institucions. O futuro e superar esta fase de transicion, apodrecer do os sistemas saidos da revolución francesa. Este capitalismo feudal ten que rematar xa e habemos de rebelarnos contra o control absoluto que exerceu sempre o caciquismo coma forma de fascismo. Este e o único pais da península iberica onde a clase obreira, mariñeiras e labregos estivo permanentemente en loita. Esta marea combinada coa que se artella no conxunto do estado serà a que nos fará respirar de novo”.