Almoradí interésase por Pontevedra

Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Almoradí interésase por Pontevedra

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores recibiu esta mañá a Susana Miralles, concelleira de Educación e Música, do concello alicantino de Almoradí que se achegou a Pontevedra para coñecer a cidade, a súa mobilidade e os camiños escolares, iniciativa que queren pór en marcha neste concello alicantino de 20.000 habitantes.

Susana Miralles explicou que Pontevedra e Almoradí teñen un amigo común: Francesco Tonucci que o pasado mes de novembro estivo na localidade e lles recomendou visitar Pontevedra, por ter un modelo de cidade moi pensado nos nenos e nas nenas “y es un ejemplo a empezar a imitar”, explicou a concelleira, quen recoñeceu que logo da conversa co alcalde “me voy con la idea de que las calles anchas de Almoradí no son para mejorar el tráfico, si no que son mejores para las personas. Las personas primero”.

Susana Miralles e os seus acompañantes estiveron acompañados polo intendente principal da Policía Local, Daniel Macenlle, na súa visita á cidade.