Almuiña anuncia o remate da primeira fase das obras de ampliación do servizo de Urxencias do Hospital da Barbanza

O conselleiro de Sanidade destaca que nas vindeiras semanas poderá xa estar funcionando esta parte
Publicado por o día 01/08/2019 na sección de Sanidad

Almuiña anuncia o remate da primeira fase das obras de ampliación do servizo de Urxencias do Hospital da Barbanza

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, anunciou que, nas vindeiras semanas, poderá estar en funcionamento unha parte do novo servizo de Urxencias do Hospital da Barbanza, no concello coruñés de Ribeira. Almuiña visitou hoxe o centro sanitario para coñecer o desenvolvemento desta primeira fase das obras de ampliación da área de Urxencias, que está a piques de rematar.

Nesta primeira fase, os traballos consistiron nun crecemento das Urxencias ocupando o espazo anteriormente utilizado como acceso único, así como da execución da cuberta da zona de ampliación. Nesta zona distribúense os novos accesos diferenciados para padiolas e público, zona de espera de familiares e de pacientes, zona de admisión, dúas consultas, e unha zona para padiolas e cadeiras de rodas.

A ampliación da área de Urxencias deste hospital conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros. A obra permitirá contar cunha superficie construída de 1.097,70 m2, dos cales 806,30 serían útiles. Unha vez se execute esta intervención, poderase incrementar a actual dispoñibilidade de camas de observación na área de Urxencias do hospital, tendo en conta a demanda de dito servizo, para facilitar a actividade dos profesionais e en beneficio dos pacientes.

Melloras no servizo

A obra suporá un novo esquema funcional por bandas que consta de dous accesos diferenciados, o acceso principal de urxencias e outro acceso exclusivo para padiolas, con circulacións separadas.

A zona máis ambulatoria queda situada cara ao acceso principal na fachada leste, mentres que a zona de boxes lévase cara a área máis privada na fachada oeste. A sala de observación, con máis de 100 metros cadrados, xunto co control de enfermería, queda no centro da nova área, de maneira que funcione como centro neurálxico, limitando as circulacións e mantendo un control total de todo o conxunto.

Ademais, para garantir a estanquidade e comportamento térmico de todo o conxunto, substituirase a impermeabilización da cuberta orixinal e executarase unha nova solución de cuberta para toda a actuación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.