Almuiña avoga por unha abordaxe integral na atención ás persoas con esclerose múltiple

Publicado por o día 21/01/2018 na sección de Sanidad

Almuiña avoga por unha abordaxe integral na atención ás persoas con esclerose múltiple

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, clausurou hoxe os V Encontros sobre esclerose múltiple lembrando que en Galicia hai preto de 2.200 persoas afectadas por esta enfermidade, uns 80 afectados por cada 100.000 habitantes. Para Almuiña, a atención as persoas con esclerose múltiple ten que tratarse cunha abordaxe integral que permita a adecuada coordinación entre os recursos sanitarios, sociais e as asociacións de pacientes, das que dixo, fan un traballo realmente importante.

O conselleiro afirmou que contamos con centros e profesionais de gran especialización e competencia, como o Servizo de neuroloxía do CHUS, que é un dos 12 centros de referencia de esclerose múltiple designados polo Ministerio. Estes centros só existen en 8 comunidades, o que é indicativo do nivel da calidade asistencial a esta enfermidade en Galicia