Almuiña considera fundamental establecer canles de participación dos pacientes e das asociacións

Publicado por o día 07/05/2019 na sección de Sanidad

Almuiña considera fundamental establecer canles de participación dos pacientes e das asociacións

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, considera necesario que para traballar nos indicadores de resultados en saúde é fundamental establecer canles de participación dos pacientes e das asociacións. Así o manifestou hoxe pola tarde, no transcurso do acto inaugural da 3ª Xornada precongresual do 21 Congreso Nacional de Hospitais e Xestión Sanitaria, celebrada na Cidade da Cultura. Neste senso, subliñou a importancia de introducir o concepto de valor nos procesos asistencias, é dicir, focalizar estes procesos naquilo que necesita o paciente, a forma na que o necesita, e valorar o que lle é útil e lle resolva o seu problema de saúde.

Tras manifestar que neste congreso vanse abordar diversas iniciativas para medir resultados en saúde, “que están a ser aplicadas nas nosas organizacións”, Almuiña indicou que para traballar nos indicadores de resultados en saúde a participación dos pacientes é fundamental. E, neste senso, remarcou que “o Sergas está a poñer en marcha iniciativas e conseguindo avances”. Un bo exemplo no establecemento de canles de participación dos pacientes e das asociacións é, -dixo Almuiña-, o Consello Asesor de Pacientes, e os consellos asesores de área, así como a Escola de Saúde para Cidadáns.
Outro dos obxectivos centrais é, -para o máximo responsable do Sergas-, e ser máis eficientes, “centrándonos no que é fundamental para o paciente”. Neste senso, “a través da nosa plataforma Bigdata e intelixencia artificial, coa consolidación anual de máis de 150 millóns de datos de interese clínico, podemos dispoñer dunha información moi valiosa para análise e toma de decisións”.
Xunto ao anterior, no ámbito da farmacia contamos ademais, -dixo Almuiña-, con iniciativas como FIRES (Farmacoloxía e Resultados en Saúde), “coa que estamos a traballar en proxectos de medición de resultados e innovando na contratación de subministro de medicamentos inmuno-oncolóxicos en Galicia”.

Esta tendencia de modelo asistencial da que hoxe se falou no Congreso é unha tendencia, -dixo o conselleiro-, que iniciouse hai uns anos grazas ao empeño duns profesionais comprometidos en conseguir ferramentas que proporcionasen evidencia do que necesita e resulta importante para o paciente, buscando sempre a eficiencia. Esta actitude hoxe analizada non so é un xeito de traballar, tamén “é unha mostra de responsabilidade nos sistemas públicos de saúde”, -remarcou-.