A atención ás enfermidades neurodexenerativas é unha prioridade para a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde. Actualmente en España hai 400.000 persoas diagnosticadas de Alzhéimer e as previsións indican que esta cifra podería multiplicarse por catro nos próximos cincuenta anos. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou que ademais en Galicia o envellecemento poboacional e a dispersión xeográfica “fan aínda máis necesaria a implicación e coordinación das estruturas sanitarias e sociosanitarias na atención e o coidado integral da persoa con Alzhéimer”.
Almuiña destacou que o Goberno galego é consciente desa necesaria coordinación, “especialmente nas persoas con demencia que residen en centros sociosanitarios da nosa comunidade e para elo puxemos en marcha un proxecto normativo que regulará a coordinación non só a nivel autonómico, senón tamén no nivel de área sanitaria, para realizar unha atención o máis personalizada posible”.
Sanidade tamén ten e un proxecto concreto (enmarcado na Estratexia SERGAS 2020) para a mellora da atención a pacientes con enfermidades neurodexenerativas, que consiste na elaboración e implantación dun procedemento asistencial integrado para as persoas afectadas por esta enfermidade.
Ademais, a Consellería de Sanidade e a Federación Alzhéimer Galicia contan cun convenio de colaboración. Entre os seus obxectivos, o conselleiro de Sanidade destacou o de darlle máis valor ao papel dos familiares e coidadores, “proporcionándolles actividades de información e apoio; e incidir na formación, porque somos conscientes de que dar unha formación de calidade aos profesionais que atenden ás persoas con Alzhéimer redunda nun beneficio directo para eles”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.