Almuiña destaca que preto de 16.500 pacientes beneficiáronse en 2018 das vías rápidas para a atención de procesos oncolóxicos

O conselleiro de Sanidade fai un chamamento á poboación para que sexa consciente de que un diagnóstico temperá asegura unha alta porcentaxe de éxito
Por o 01/03/2019 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
Almuiña destaca que preto de 16.500 pacientes beneficiáronse en 2018 das vías rápidas para a atención de procesos oncolóxicos

O titular da carteira sanitaria do Executivo galego, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe que, no pasado ano, un total de 16.409 pacientes beneficiáronse das vías rápidas para a atención de distintos procesos oncolóxicos e engadiu que, coa publicación do Decreto de garantías de tempos máximos, 43.550 doentes acolléronse a este dereito no 2018 (11.241 para unha intervención cirúrxica, 15.933 para unha proba diagnóstica e 16.376 para unha primeira consulta).

Na súa intervención no acto de inauguración do I Simposio Nacional de Oncoloxía de Precisión, Almuiña dixo que “os programas de cribado que temos en marcha como o de mama e o de colon son ferramentas moi importantes que están a demostrar uns moi bos resultados”. Neste evento, o conselleiro sinalou que, no que se refire ao diagnóstico precoz, “cómpre seguir avanzando na implicación da poboación, que sexa consciente de que un diagnóstico temperá vai marcar unha gran diferencia, posto que asegura unha alta porcentaxe de éxito”.

Tal e como remarcou Almuiña, “é necesario non esquecer a importancia de implicar a toda a sociedade en adoptar estilos de vida saudables; cambiar os hábitos sedentarios, en especial dos nosos nenos e mozos; mellorar a nosa alimentación e, ademais, evitar o consumo de substancias que está demostrado que se relacionan directamente coa aparición de neoplasias”.

Segundo incidiu o máximo responsable da sanidade pública galega, “a actividade dos servizos de oncoloxía é crecente, aumentando o número de primeiras consultas en máis dun 5% entre os anos 2017 e 2018”. Ademais, a actividade referida á prioridade cirúrxica 1 é crecente. No pasado ano realizáronse un total de 19.133 intervencións, 1.284 máis que no 2017 e mantéñense as demoras medias por baixo dos 30 días (19,4 no 2018).

Na súa intervención, Almuiña subliñou que “o esforzo e o labor de investigación no campo da oncoloxía permítennos ser optimistas dentro da prudencia. Son moitos os avances en novos tratamentos que están a ter un impacto importante no prognóstico dos pacientes de cancro”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.