Almuiña pide a implicación de toda a sociedade para apoiar aos rapaces con doenzas mentais e as súas familias

Publicado por o día 01/03/2018 na sección de Sanidad

Almuiña pide a implicación de toda a sociedade para apoiar aos rapaces con doenzas mentais e as súas familias

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, clausurou hoxe a xornada de divulgación da asociación Anxiños, de atención a nenos e adolescentes con trastornos mentais graves. Na súa intervención, Almuiña manifestou que a adecuada atención a estes rapaces necesita da implicación de toda a sociedade para apoiar tanto ao paciente como a familia.

O conselleiro destacou que en Galicia estase a traballar para dar a mellor resposta a este problema en todos os ámbitos, coa formación dos pediatras para a identificación máis precoz posible; con unidades de hospitalización de agudos tratar aos rapaces de xeito específico e separados dos adultos; e no eido da investigación.