Alonso: “Imos remontar as enquisas e imos entrar no Concello”

O candidato de Cs á alcaldía de Vigo, Javier Alonso, asegura que Vigo necesita un cambio
Publicado por o día 16/05/2019 na sección de Ciudadanos,Galicia,Política,Vigo

Alonso: “Imos remontar as enquisas e imos entrar no Concello”
O candidato de Cs á alcaldía de Vigo, Javier Alonso, está convencido de que Cidadáns remontará as enquisas na cidade olívica e a formación laranxa terá representación no Concello de Vigo.
 
“Estamos convencidos de que imos entrar no Concello. Sabemos que Vigo necesita que esteamos no Concello”, indicou Alonso.
 
O candidato asegura sentirse con “moitas ganas” xa que a xente “tramítenos moita ilusión pola rúa. Son eles os que nos dan un empuxón para saír cada día ás rúas”.
 
Doutra banda, Alonso tamén se referiu ao estado de “abandono” no que se atopa o Museo de Arte Contemporánea de Vigo.
 
Neste sentido, desde Cs apostamos por potenciar a cultura e crear “as chamadas bibliotecas móbiles para achegar a cultura a todos os barrios de Vigo”.
 

Alonso: “Non teño ningún problema cos paracaidistas, entendo que a Xabier non lles gusten moito”

 
O candidato de Cs á alcaldía de Vigo, Javier Alonso, responde así o candidato do BNG Xabier Pérez Iglesias tras chamar ao candidato da formación laranxa “paracaidista”
 
O candidato de Cs á alcaldía de Vigo, Javier Alonso, asegurou este xoves entender que ao candidato do BNG, Xabier Pérez Iglesias, non lles gusten os paracaidistas, “eu non teño ningún problema con eles. Entendo que a el non lle gusten”. Alonso quixo responder así o líder nacionalista tras chamar ao candidato da formación laranxa en Vigo “paracaidista”.
 
“Debo lembrarlle que no seu partido quixeron poñer como candidato ao exrector da Universidade de Vigo, pero el non o viu moi claro”, engadiu Alonso.
 
Neste sentido, asegurou que en Cs non temos ningún problema cos nosos candidatos porque “somos xente de equipo. Estamos todos a un tempo, algo, que poida que el bote de menos”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.