Alta participación nas primarias de Iniciativa pola Unión VIGO

Publicado por o día 08/11/2015 na sección de Política

Alta participación nas primarias de Iniciativa pola Unión VIGO

-Ás 14h xa votara o 57,14% das persoas inscritas na cidade.

As primarias promovidas pola Iniciativa pola Unión de cara a conformación das candidaturas de NÓS-Candidatura Galega para os comicios do vindeiro 20D, desenvólvense na cidade de Vigo desde as 11h. As urnas fecharanse ás 15h.

A participación está a ser elevada, nunha votación que se desenvolveu sen se rexistrar incidencias. Ás 14h xa emitiran o seu voto o 57,14% das 350 persoas censadas na cidade de Vigo.

Desde abaixo

A realización de primarias é o último chanzo nun proceso participativo desde a base, articulado arredor da Iniciativa pola Unión. Coa xornada de votacións de hoxe dase cumprimento ao compromiso de pular por unha candidatura galega coa máxima participación popular. Na consulta emitirán o seu voto todas as persoas que se inscribiron nun proceso completamente aberto.

Desde a apertura das urnas ás 11h na sede da Federación Veciñal de Vigo, as votacións realízanse nun clima de entusiasmo.