ACE vén de editar o primeiro boletín informativo tras dous anos de goberno; nel explícanse moitas das actuacións feitas até o de agora, así como diferentes proxectos en marcha que serán fundamentais para Cangas.
Mañá venres, ás 20:30h da tarde no local de ACE (R/Méndez Núñez, 27, entresollado, oficina 4, galerías) realizarase a presentación de dito boletín; nun acto onde estarán tanto o alcalde, Xosé Manuel Pazos Varela como o concelleiro de urbanismo, facenda e patrimonio Mariano Abalo. Dita presentación é de carácter aberto á veciñanza para quen queira coñecer de primeira man o que se está a facer no concello por parte de ACE. Explicarán temas relacionados con investimentos, o ciclo integral da auga, regularización catastral, a auditoría enerxética e a situación económica do concello.
Dende ACE convidan á veciñanza a esta presentación aberta que animará á participación de todas na axenda política local.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.