A Alternativa Canguesa de Esquerdas, decidiu en asemblea renovar o carácter gráfico do partido; apostando por un novo logo que representa o que somos; un partido local, humilde, galego e sinxelo.
Este logo, que será o oficial a partir deste mesmo luns, respecta as cores iniciais do partido, o verde, tan característico da esquerda, mais cambia o ton de cor dentro da gama do propio verde. A tipografía é radicalmente diferente, apostando por unha totalmente moderna, fresca e rupturista; apostando polo brochazo que amosa un ton desenfadado e directo no noso logo.
A espiral celta ocupará agora o lugar que viña facendo o lauburu que tanto tempo acompañou a esta coalición. Desta forma, Esquerda Unida e Anova (mais a FPG) veñen demostrando a solidez desta coalición e a súa forza na política local, dende a ilusión e o traballo de base; pois a tarefa de re-deseño do logo viu decidida por asemblea e realizada polas propias bases que forman parte da ACE. Despois de varios deseños, con diferentes cores, este é o que nos pareceu máis adaptado en base á imaxe que temos e queremos trasladar.
ACE está agora máis viva que nunca e aposta por continuar o camiño andando dende a autocrítica e a mellora, apostando por ser unha coalición útil para a xente. Continuamos!
Noticias de última hora en Vigo