Por un aluguer xusto e estable

Comunicado de Prensa e Desmentido da PAHVigoTui
Publicado por o día 11/09/2017 na sección de PAH Vigo,Social

Por un aluguer xusto e estable

Este sábado a PAHVigoTui tivo a súa asemblea e recepción de casos novos, tras o pequeno parón de Agosto.

Os desafiuzamentos, a día de hoxe, a pesar de de o silencio administrativo, seguen sendo unha realidade no noso PAÍS.

Existe un grave problema habitacional en Galicia amortecido, sen dúbida, polo colchón familiar e a especial configuración da vivenda no noso país.

A parte máis cruel deste problema, os suicidios, por causa dun desafiuzamento ou da presións dos bancos, a día de hoxe seguen sendo unha triste realidade, como soubemos recentemente.

A PAH constata o aumento dos desafiuzamentos por falta de pagamento de Aluguer. En Galicia, o prezo do aluguer rexistrou un ascenso do 0,1%, ata situarse en 5,51?/m2 en maio (datos Fotocasa). En Europa, a opción de vivenda en propiedade oscila entre o 53? e o 71% da poboación, mentres que en España é do 83%.

O pago da Vivenda está a converterse nunha importante carga para as familias. Xa non estamos ante un problema que afecta aos que teñen unha hipoteca, senón a amplas capas sociais, que non ven a tan cacareada “recuperación económica”, cando os soldos son tan baixos e a precariedade é tan alta. Non é que esteamos a saír da crise, é que estamos a entrar nun “estado da miseria”.

Algunhas familias deixan de facer outros gastos para pagar a hipoteca, o que resta demanda interna ao PIB (menos consumo = menos crecemento).

A vivenda propia frea a mobilidade xeográfica e a migración a zonas menos castigadas laboralmente. ?É unha forma perfecta de escravizar: nos desmoraliza e fainos sentir culpables, por non ser máis listos.

Traballamos por un salario que se dedica, no seu maior parte, á vivenda, o que nos leva a ser dóciles e débiles, a pensar que “é o que hai”… A PAH logrou romper ese imaxinario, logrando que a xente comeza a pensar en que #SiSePuede.

Os recortes sociais cada día son máis brutais. A famosa “Liña de Crédito”, como chamou Rajoy ao rescate á BANCA, agora infórmannos que os Bancos NON VAN A DEVOLVER UN EURO.

Iso lévanos a pensar, para o futuro próximo, un cambio no que, aínda que xa o faciamos queremos facelo, a partir de agora, máis explícito na nosa imaxe e obxectivos:

1/”A PAH ten que transformarse en movemento polo dereito á cidade”. A PAH é forte, pero debe adaptarse a tempos onde o problema habitacional pon o seu acento na Vivenda Como Mercadoría.

2/ Loitar por un Aluguer Estable, Digno e Alcanzable: reforma da LAU, Parque Público da Vivenda e Impulsar acordos coa BANCA para a cesión de vivendas baleiras que posúen e a mobilización das vivendas baleiras.

3/ A igual que o Resto das PAHs do estado impulsar a #LeyPAHVivienda

Estreamos novos Logotipos. Unha imaxe máis de acordo ao que somos.

Loitamos polo dereito á Vivenda, por recuperar a cidade, por recuperar o próximo e próximo. É dicir, recuperar o municipio.

Neste sentido queremos desmentir que a PAH apoie o PLAN DE VIVENDAS BALEIRAS DA XUNTA, como se dá entender na Prensa. A esa reunión cónstanos que non acudiu ningún MMSS recoñecido da nosa cidade.

O que se expón é dar apoio “social” ao PP, ao partido dos desafiuzamentos. É unha mensaxe terrible e claudicante.

Convídasenos a asinar “porque é o que hai”.

Se, hai tempo, a sociedade civil non se unise e comprendese que #SiSePuede, se non nos unísemos para vencer a inimigos moi poderosos, como a BANCA, hoxe non estariamos a ver como, sentenza tras sentenza, o TJEU deu a razón á PAH e a todos os que, no canto de conformarse, levantáronse contra as Políticas do PP.