O alumnado do CEIP Coutada-Beade e Divino Salvador visitaron o Concello

Publicado por o día 19/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Vigo

O alumnado do CEIP Coutada-Beade e Divino Salvador visitaron o Concello

O rexedor recibiu o pasado martes a un grupo de estudantes de 4º e 5º curso de Educación Primaria do CEIP Coutada-Beade que visitaron as instalacións municipais dentro do programa “Coñece o teu Concello”, onde aproveitaron para facerlle cuestións e propostas a Abel Caballero.

Con esta iniciativa, o alumnado achégase ao labor que desenvolve o goberno local e teñen coñecemento, de primeira man, do funcionamento da institución municipal.

Este mércores, Abel Caballero saudou no Salón de Plenos a un grupo de estudantes de quinto curso de Educación Primaria do Colexio Divino Salvador, que acompañados por profesores, visitaron este mércores as dependencias municipais da Praza do Rei dentro do programa “Coñece o teu Concello”, co que o goberno local quere achegar a institución a toda a cidadanía.

1476882449ceip

Así os máis pequenos tiveron a oportunidade de facerlle preguntas ao alcalde sobre a súa responsabilidade á fronte da cidade.