Alumnado do Colexio Lar coñece o Museo Etnográfico Liste

Os escolares puideron experimentar un retroceso no tempo e coñecer o modo de vida de outrora coñecendo obxectos e tradicións típicas de Galicia no referente a hábitos, costumes, ferramentas ou vestiario
Por o 29/01/2019 | Sección: Galicia,Mos
Alumnado do Colexio Lar coñece o Museo Etnográfico Liste

O Museo Etnográfico Liste foi o destino da última excursión realizada polo alumnado de cuarto de Educación Primaria do Colexio Lar, a través da cal experimentaron un retroceso no tempo e coñeceron o modo de vida antigamente.

Os escolares visitaron estas instalacións da cidade olívica onde se mostra a pluralidade e a condición cambiante da cultura. Así puideron observar multitude de obxectos e tradicións típicas de Galicia no referente a hábitos, costumes, ferramentas ou vestiario, entre outros, que ademais de sorprenderlles en ocasións, axudoulles a comprender a evolución experimentada estes anos e a relación que gardan eses obxectos antigos con algúns dos que hoxe en día son cotiáns para nós.

Os estudantes tamén coñeceron unha pequena exposición artística na que se creaban esculturas de diversos tamaños e formas con útiles de labranza, o cal chamou a súa atención pola capacidade dos artistas de dar un novo aspecto tan sorprendente aos mesmos.

O museo, de carácter monográfico e orientación etnográfica, conta con máis de 2.500 pezas que reflicten diversos aspectos da cultura tradicional galega.

Comentar noticia

Your email address will not be published.