Alumnado e profesorado do CEIP Sobreira e do IES Valadares celebran acto de repulsa polos incendios

Publicado por o día 16/10/2017 na sección de Educación,Galicia,Vigo

O martes 17 de Outubro ás 9, 45h da mañá, o alumnado e profesorado do CEIP Sobreira e do IES Valadares celebran un acto de repulsa polo sucedido esta fin de semana en Galiza. Un acto de rexeitamento das accións criminais e homicidas que custaron a vida de varios veciños de Chandebrito ( Nigrán) , Carballeda de Avia en Ourense e San Andrés de Comesaña en Vigo.

Celebran este acto na súa memoria e en agradecemento á valerosa e solidaria actuación dos veciños de todas as zonas afectadas polo lume. Queren manifestar a súa condolencia polas vítimas , o agradecemento polo esforzo sen tregua e ofrecer as súas mans para axudar á reparación dos danos.

A concentración terá lugar no monte queimado fronte ao IES e ao Colexio citados anteriormente.