O alumnado de Infantil do colexio Salesianos María Auxiliadora descobre os segredos da ría de Vigo a bordo do Buque de Interpretación Nautilus

Os días 19, 20 e 21 de febreiro ás 16 h da tarde diferentes grupos de alumnos de Infantil do Centro viaxarán pola Ría de Vigo a bordo do Buque no marco dun Proxecto Educativo ambientado na novela “ 20.000 leguas de viaxe submarina”
Por o 19/02/2018 | Sección: Educación,Galicia,Vigo
O alumnado de Infantil do colexio Salesianos María Auxiliadora descobre os segredos da ría de Vigo a bordo do Buque de Interpretación Nautilus
Compartir en:

Con motivo da conmemoración dos 150 anos da entrada do Nautilus en Vigo, reflectido na novela “20.000 leguas de viaxe submarina” escrita por Jules Verne, os alumnos e alumnas de infantil do Colexio Plurilingüe María Auxiliadora, Salesianos de Vigo, están a levar a cabo un proxecto sobre Jules Verne e a citada obra.

En colaboración coas familias, a entrada e o corredor da planta de infantil do colexio converteuse no fondo do mar para así ambientar e motivar as actividades que levarán a cabo ao longo destes meses de febreiro e marzo.

O proxecto iniciuose cando os nenos e nenas foron sorprendidos coa chegada dunha maleta enviada polo capitán Nemo, que incluía entre outras cousas, unha mensaxe de Jules Verne e unha mensaxe nunha botella, que era unha invitación para realizar unhas viaxes no Nautilus e descubrir os segredos que esconde a Ría de Vigo.

Con tal motivo e en colaboración coa empresa Oceans Secrets, os cales moi amablemente ofrecéronnos a súa colaboración no proxecto e déronnos todas as facilidades posibles para levalo a cabo, os nenos e nenas de infantil do colexio partirán no Nautilus os días 19, 20 e 21 de febreiro ás 16 h da tarde para descubrir a través dun pequeno paseo pola Ría de Vigo, e grazas ao Buque de interpretación Nautilus e a súa avanzada tecnoloxía, os segredos que esconde a nosa Ría.

Deste xeito o proxecto recolle os contidos a traballar na etapa.