Alumnas do Grao Medio en Xestión administrativa do Daniel Castelao de Vigo coñocen o Instituto Galego de Consumo e da competencia

Publicado por o día 20/03/2019 na sección de Galicia,Vigo

Alumnas do Grao Medio en Xestión administrativa do Daniel Castelao de Vigo coñocen o Instituto Galego de Consumo e da competencia

Alumnas do ciclo formativo de grao medio en Xestión Administrativa do Daniel Castelao de Vigo achegáronse a Delegación Territorial da Xunta en Vigo para coñecer de primeira man o funcionamento do Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

Tras ser recibidas polo delegado territorial, Ignacio López-Chaves, asistiron a unha charla impartida polo xefe do servizo en Vigo, Alfonso Diéguez, e puideron visitar a unidade.