Alumnas silledenses do programa Redmur estudian constituir unha asociación para emprender iniciativas vinculadas ao rural

Alumnas silledenses do programa Redmur estudian constituir unha asociación para emprender iniciativas vinculadas ao rural
Por o 13/03/2018 | Sección: Galicia
Alumnas silledenses do programa Redmur estudian constituir unha asociación para emprender iniciativas vinculadas ao rural

Hoxe rematou en Silleda o programa Redmur, a Rede de Emprendimiento e Inserción Sociolaboral para a diversificación de actividades sostibles no Medio Rural, impartido pola Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) e o Centro de Desenvolvemento Agrario do Concello de Silleda.

No curso participaron un total de 20 mulleres de distintas idades dende o pasado mes de xaneiro, cunha media de asistencia de 15 alumnas por sesión. O ciclo, para fomentar a empregabilidade e promocionar o empoderamento, contou con distintos obradoiros  sobre itinerarios de emprego (autoemprego, creación de cooperativas ou outras fórmulas) e tamén se puxeron á súa dispoisición  cursos on line gratuitos con máis de 12 modalidades distintas.

Dende Fademur animouse ás alumnas a emprender iniciativas, comezando por crear unha asociación mentras non se defina o modelo de negocio a seguir. “Sempre estaremos apoiando e asesorando ás alumnas en todo aquello que precisen”, indicou a presidenta de Fademur, Rosa Arcos, que entregou os certificados do curso xunto coa concelleira de Igualdade, Pilar Peón.

Do mesmo xeito a concelleira amosou o apoio do Concello ás posibles iniciativas que poidan xurdir. “Sabemos que que hai moitas iniciativas creadas por mulleres que funcionan ben, que somos capaces, e sempre estaremos a voso lado para calquera iniciativa de emprendemento”, engadiu Peón.

Un grupo de alumnas está xa a estudar a posibilidade de dar o primeiro paso coa creación da asociación para iniciar un proxecto común vinculado ao sector primario.

Peón tamén agradeceu á presidenta da Fademur a realización deste curso en Silleda, onde o programa Redmur se suma a outras iniciativas de promoción do emprego.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.