Alumnos de primaria da Xunqueira de Pontevedra I fan o roteiro María Victoria Moreno

Publicado por o día 01/06/2018 na sección de Galicia,Pontevedra

Alumnos de primaria da Xunqueira de Pontevedra I fan o roteiro María Victoria Moreno

Un grupo de 21 estudantes de 5º de Primaria do CEIP A Xunqueira I farán este luns, 4 de xuño, o roteiro María Victoria Moreno. Partirán ás 10.00 horas dende a ponte da avenida de Vigo.

Aínda que cacereña de nacemento, decidiu o seu compromiso coa realidade lingüística galega nunha época na que o noso idioma non contaba con valedores legais. Chega á cidade de Pontevedra no ano 1963 para desenvolver o seu labor docente así coma unha intensa actividade cultural e literaria a prol da nosa lingua.

Este percorrido busca dar a coñecer á autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018 e a súa profunda vinculación coa lingua e coa cidade de Pontevedra.Percorrido: saída da ponte da avenida de Vigo sobre a rúa Eduardo Pondal (onde está o cartel dedicado a María Victoria Moreno), Campolongo e o río Gafos, paseo Valle Inclán, praza de Galicia, rúa García Camba, rúa Oliva e praza de San Xosé. Seguimos pola rúa Marqués de Riestra ata o IES Valle Inclán, praza de España, avenida de Santa María, Teatro Principal, praza do Teucro, rúa Real, praza de Méndez Núñez e rematamos na praza da Ferraría.