Alumnos de Vigo fan mañá o Roteiro María Victoria Moreno

Publicado por o día 06/06/2018 na sección de Galicia,Pontevedra,Vigo

Alumnos de Vigo fan mañá o Roteiro María Victoria Moreno

A Concellaría de Normalización Lingüística organiza mañá un novo roteiro de María Victoria Moreno con alumnos do IES Alexandre Bóveda de Vigo. A saída será ás 10.00horas dende a Ponte da avenida de Vigo. O grupo estará formado por 32 escolares.

Aínda que cacereña de nacemento, decidiu o seu compromiso coa realidade lingüística galega nunha época na que o noso idioma non contaba con valedores legais. Chega á cidade de Pontevedra no ano 1963 para desenvolver o seu labor docente así coma unha intensa actividade cultural e literaria a prol da nosa lingua.

Este percorrido busca dar a coñecer á autora homenaxeada o Día das Letras Galegas 2018 e a súa profunda vinculación coa lingua e coa cidade de Pontevedra.

Percorrido: saída da ponte da avenida de Vigo sobre a rúa Eduardo Pondal (onde está o cartel dedicado a María Victoria Moreno), Campolongo e o río Gafos, paseo Valle Inclán, praza de Galicia, rúa García Camba, rúa Oliva e praza de San Xosé. Seguimos pola rúa Marqués de Riestra ata o IES Valle Inclán, praza de España, avenida de Santa María, Teatro Principal, praza do Teucro, rúa Real, praza de Méndez Núñez e rematamos na praza da Ferraría.