O Álvaro Cunqueiro acolle un novo curso de ciruxía bariática para facultativos residentes e adxuntos

É un dos 11 hospitais acreditados pola Asociación Española de Cirurxiáns para estes cursos, que imparten membros da Unidade Esófago-GástricoBariátrica
Por o 29/01/2018 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
O Álvaro Cunqueiro acolle un novo curso de ciruxía bariática para facultativos residentes e adxuntos

O Hospital Álvaro Cunqueiro convértese durante hoxe e mañá, 29 e 30 de xaneiro, no centro da docencia de cirurxía bariátrica de España e Portugal. As instalacións do hospital acollen un novo curso de formación para residentes de 4º e 5º ano así como para adxuntos junior. Entre eles, oito son doutros hospitais de fóra de Galicia. O Álvaro Cunqueiro é un dos once hospitais de España que está acreditado pola Asociación Española de Cirurxiáns, a través da súa Sección de Obesidade Mórbida, para impartir estes cursos.

Os participantes asistirán a oito operacións cirúrxicas de obesidade mórbida durante os horarios de mañá e sesións teóricas pola tarde, nas que participarán profesionais de outras especialidades como anestesia, endocrino/nutrición e psiquiatría.

A doutora Isabel Otero afirma que “a cirurxía bariátrica é complexa e require, por tanto, coñecementos moi específicos para practicala, por iso os facultativos que participan como alumnos deben ter unha formación previa sobre determinadas técnicas”.

“A Obesidade Mórbida é unha enfermidade que ten unha prevalenza considerable, xa que se estima que entre 1,5 e 2% da poboación padécea en Galicia, e que carrexa un bo número de enfermidades asociadas”, explica Isabel Otero, que recalca: “Nestes momentos a cirurxía é a única alternativa que serve para o tratamento desta enfermidade e, como consecuencia, das que leva asociadas”. Galicia é unha das cinco comunidades autónomas españolas onde existe un maior número de casos.