O Álvaro Cunqueiro amplía a área de lavado de escopias

Trátase de ampliar e acondicionar a área de ultradesinfección para asumir a maior actividade derivada da implantación do Programa de Detección Precoz de Cancro Colorrectal
Por o 25/02/2018 | Sección: Galicia,Sanidad,Vigo
O Álvaro Cunqueiro amplía a área de lavado de escopias

O Diario Oficial de Galicia publicou, na súa edición do mércores, unha Resolución da EOXI de Vigo pola que se anuncia a licitación da obra de reforma da área de lavado de escopias do Hospital Álvaro Cunqueiro, cun orzamento total de 108.900.000 euros.

Trátase da ampliación da área de ultradesinfección de escopias xeral -instrumental utilizado para a realización de exploracións diagnósticas e terapéuticas aos pacientes-, co obxecto de asumir o incremento de actividade resultante da implementación do Programa de Detección Precoz de Cancro Colorrectal e que obriga a unha maior utilización e rotación deste instrumental.

Esta zona, emprazada na planta -1, é compartida polos servizos de Pneumoloxía, Uroloxía, Cirurxía xeral e Aparello Dixestivo.

Con esta actuación, dotarase a área dun espazo físico con maior superficie, o que posibilitará a incorporación de novo equipamento. Así, unha vez rematada a reforma, dotarase con 1 lavadora e 3 puntos de lavado máis, pasando a dispoñer dun total de 8 lavadoras e 7 puntos de lavado. Ademais, habilitarase unha zona especifica e diferenciada para secado. Con este proxecto vaise mellorar tamén as condicións de intimidade dos pacientes, habilitándose un acceso especifico á sala de espera.

Esta área é atendida por 11 TCAES (Técnicos de Coidados Auxiliares de Enfermaría) que rotan polo servizo.

En definitiva, coas actuacións a desenvolver vaise mellorar en gran medida a capacidade, os circuítos, a seguridade e a eficiencia da área; ademais dos aspectos de intimidade dos pacientes.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.