Álvaro Vadillo asina o seu contrato como novo xogador do RC Celta

Publicado por o día 11/08/2020 na sección de 1ª división,Celta,Deportes,Fútbol

Álvaro Vadillo asina o seu contrato como novo xogador do RC Celta

O habilidoso extremo Álvaro Vadillo asinou este luns en A Sede xunto ao presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, o seu novo contrato co conxunto celeste. O novo atacante iniciará este mércores a pretemporada co resto dos seus compañeiros na Madroa.

Álvaro Vadillo chega a Vigo procedente do Granada CF, club no que militou as dúas últimas tempadas sendo un dos seus xogadores máis destacados. Ao longo da súa carreira tamén defendeu as camisetas da SD Huesca e do Real Betis Balompié.

Vadillo: “Estou orgulloso e feliz de formar parte deste gran club”

O extremo andaluz Álvaro Vadillo, última incorporación do RC Celta até o momento para a tempada 20/21, asinou o seu contrato co club vigués antes de arrincar a pretemporada co equipo este mércores na Madroa. O puertorrealeño ofreceu a súa primeira entrevista como celeste a Celta Media, na que se mostrou “orgulloso e feliz por formar parte deste gran club” e convencido de que este proxecto me fará crecer no persoal e o deportivo”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.