O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, asistiu hoxe a unha nova actuación de Solpores do Museo, o ciclo de concertos impulsado pola Xunta de Galicia que arrancou o pasado 24 de xullo da man de Baiuca e Presumido. Nesta xornada, os concertos no Museo do Mar de Vigo, un emprazamento emblemático en plena ría de Vigo e polo que discorre o Camiño de Santiago, correron a cargo de Amaro Ferreiro e Villanueva.
Ambos artistas conquistaron no solpor deste xoves ao público asistente no marco dunha iniciativa que naceu coa vontade de poñer en valor o traballo de artistas, tanto emerxentes como consagrados, a través dunha programación transversal con seis citas musicais que se celebrarán de balde durante este verán. Completan o cartel artistas de renome a nivel nacional e galego como Zenet, Joe Crepúsculo, Soleá Morente ou Xosé Manuel Budiño, que estarán acompañados de músicos vigueses como Amaro Ferreiro, Moon Cresta ou Bliusvai.
O 8 de agosto actuarán o grupo vigués Moon Cresta e a banda Aurora & The Betrayers, mentres que o día 15 será a quenda de Soleá Morente e Xosé Manuel Budiño. Xa o xoves terá lugar a actuación de Joe Crepúsculo e a galega Cora Velasco, mentres que o vindeiro 29 de agosto celebraranse as últimas actuacións do ciclo a cargo de Zenet e Bliusvai.
Todos os concertos, para os que as invitacións (1.800) esgotáronse en día e medio, están a celebrarse na terraza do restaurante do Museo do Mar de Galicia comezando as actuacións ás 20,30 h.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.