Amaro Ferreiro súmase ao festival de Cans cun concerto especial cheo de referencias cinéfilas

Só 300 localidades para o concerto e a tradicional Noite das homenaxes ao aire libre, no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río.

O artista vigués Amaro Ferreiro súmase aos músicos que o Festival de Cans programará este ano no novo Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. A súa actuación terá lugar ás 20,00 horas do venres 4 de setembro. Ferreiro fará un concerto especial para esta edición do Festival de Cans, prevista para celebrarse do 2 ao 5 de setembro, no que mesturará moitas das súas cancións vencelladas coa súa memoria cinéfila con temas do seu novo disco, que tamén ten resonancias de cine: “Personajes secundarios”.

Ese mesmo día, tras o concerto, terá lugar a chamada ‘Noite das homenaxes’, onde se entregará o Premio Pedigree á directora Manane Rodríguez e os Chimpíns de Prata do certame, ademáis da presentación dos xurados do festival e a estrea do documental “Cans 16”, dirixido por Isaura Docampo.

Só 300 espectadores poderán asistir a esta actuación especial de Amaro Ferreiro e á Noite das Homenaxes, e para acceder a este espazo será preciso adquirir unha entrada a un prezo de 7 euros. Desde hoxe, as entradas poden adquirirse na tenda en liña do Festival de Cans: www. tenda.festivaldecans.gal.

Todas as persoas asistentes terán adxudicada unha cadeira, coas correspondentes medidas de distanciamento entre espectadores, e como acontecerá durante todos os días do festival, a hora de peche do festival está prevista para as 23,30 horas da noite.

O cartaz musical do Festival de Cans completarase coa viguesa Babykatze, que vencella imaxe e música creando un personaxe etéreo e sorprendente cunha mensaxe de carácter universal. Proporanos unha viaxe a un mundo onírico tecido con capas electrónicas e samples onde se mesturan ritmos contundentes cunha voz máxica.

Babykatze chega na Noite Lasal, a do xoves 3 de setembro, na que terá lugar o concurso de videoclips. Tanto a actuación de Babykatze como o concurso de videoclips terán lugar no auditorio exterior da Biblioteca Municipal. O aforo estará limitado a só 100 persoas que ocuparán un asento e deberán facer unha inscripción previa uns días antes da actuación, a través da web do Festival de Cans. A Noite Lasal dos videoclips e a actuación de Babykatze chegan no mesmo día no que se estrea na gran pantalla a película “A Illa das Mentiras”, de Paula Cons, que será o filme de apertura do certame.

Pouca entradas xa á venda

Logo da boa evolución da venta de abonos, concluída o pasado sábado, as entradas soltas restantes están á venda dende esta semana na tenda online do Festival. Só restan 70 entradas para as sesión matinais e 60 para as sesión de tarde.

Debido á significativa reducción de aforo da actual edición de Cans, e ás medidas de hixiene e distanciamento, só se poderá acceder ás actividades a través dunha entrada, xa que non haberá actividades de libre acceso. Os prezos das entradas soltas, oscilan entre os 10 euros para acceder á sesión matinal e ó coloquio con Óliver Laxe, ata os 15 euros para asistir á sesión de tarde e ó concerto de Hendrik Rover y Los Míticos Gts e á gala da entrega de premios. Para acceder por separado ó coloquio ou á actuación musical, os prezos serán de 3 e 7 euros respectivamente.

O Festival de Cans prepara un novedoso formato con medidas de prevención moi estudiadas que terán como obxectivo ofrecer as máximas garantías de hixiene, seguridade e distanciamento social ao público e aos veciños e veciñas de Cans. A eliminación das actuacións musicais nocturnas no Torreiro, a reducción de aforo e ó “escudo protector” ás persoas maiores da aldea, marcan os eixos centrais destas medidas.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM