Amarturmar leva o seu proxecto de “turismo mariñeiro” o Parlamento europeo da man do BNG

Publicado por o día 09/02/2020 na sección de BNG,Galicia,Política,Redondela

Amarturmar leva o seu proxecto de “turismo mariñeiro” o Parlamento europeo da man do BNG

Nunha xuntanza mantida con membros da asociación, representantes do BNG trasladaron o convite feito pola eurodeputada Ana Miranda para difundir a súa actividade ante representantes de toda a Unión Europea. “Amarturrmar, naceu hai pouco máis dun ano dunha iniciativa protagonizada principalmente por mariscadoras, que conxugan o seu traballo co turismo alternativo e respeituoso con medio mariño”.

Esta viaxe enmarcase dentro do proxecto da Rede Aktea de mulleres europeas na pesca e servirá para que se poidan poñer enriba da mesa a problemática do sector e dar visibilidade a este proxecto que acaba de nacer. “Nunha das poñenzas, presentarán e difundirán a actividade das mariscadoras, do turismo alternativo, destacando a súa ubicación en Rede Natura 2000”.

A visita desenvolverase do 24 ó 26 de febreiro e constará de:

Visita o Parlamento Europeo.

Xuntanza de Aktea na sede do Comite Económico e Social, con intervencións e debate.

Entrevista na Comisión Europea da Pesca.

Indicar que esta visita, e toda a parte loxística (transporte, hotel e estancia, así como a parte de comunicación para que ademais das asociacións, tamén asista a prensa galega), cúbrese con cargo o programa de visitas do Parlamento Europeo para grupos políticos.

O responsábel local, Anxo Lusquiños, destacou que “novamente un sector vinculado co mar de Cesantes, vai ter protagonismo en Europa da man do Bloque Nacionalista Galego”.

Ao longo da xuntanza con membros da directiva de Amarturmar, deron a coñecer de primeira man a realidade desta iniciativa, da súa situación actual, e propostas de futuro. Para o Portavoz Municipal, Xoán Carlos González “trátase dunha iniciativa moi relevante a potenciar e máis tendo en conta que son principalmente mulleres mariscadoras as que están o fronte deste colectivo. Confírmase que as actividades respeitosas co noso medio mariño, poden ter futuro, garantindo postos de traballo de calidade”