Amigos da Terra celebra a iniciativa europea para reducir o plástico dun só uso

Europa presenta un proxecto de Directiva co obxectivo de reducir os principais produtos de usar e tirar de plástico e evitar a contaminación nos océanos.
Por o 29/05/2018 | Sección: Amigos da Terra,Política
Amigos da Terra celebra a iniciativa europea para reducir o plástico dun só uso

O 28 de maio, a Comisión Europea publicou unha proposta de nova Directiva co fin de reducir a contaminación por plásticos nos océanos, a través de medidas concretas a aplicar sobre os produtos de usar e tirar que  son abandonados máis habitualmente. Amigos da Terra aplaude as medidas, aínda que considera que deberían ampliarse a máis produtos de usar e tirar( latas, bricks, etc), non só de plástico, que seguirán perpetuando a contaminación dos océanos. Tras este anuncio, tanto o Parlamento como o Consello Europeo terán que votar a proposta de directiva para que se fagan efectivas as medidas expostas pola CE.

Entre os produtos que aparecen no borrador da Directiva están as palliñas, pratos e cubertos plásticos dun só uso ou bastonciños dos oídos, para os que se expón a súa prohibición e a substitución do material plástico do que se compoñen por outros materiais con menos impacto. Para as botellas de bebidas (auga, refrescos ou zumes) esíxese un 90% de reciclaxe para 2025, mediante contedor ou con sistemas de depósito. Neste sentido, Amigos da Terra recomenda a implantación de sistemas de depósito, devolución e retorno, xa que son os únicos que aacadan as porcentaxes de recuperación sinaladas.

Segundo para que produtos as medidas son menos estritas, ou se deixan en mans dos Estados membro. Se falamos de envases de alimentos ou vasos de plástico, só se expon a necesidade de reducir a súa xeración nos vindeiros 6 anos, pero serán os estados membros os que decidan se aplican fiscalidade, porcentaxes de reutilización, ou prohibición. As toalliñas e as compresas deberán poñer a disposición da cidadanía información visible sobre os impactos que se xeran co seu abandono ou mala xestión.

Por último, produtos como bolsas plásticas de aperitivos ou para envolver alimentos, cabichas de cigarros, bolsas lixeiras de plástico e aparellos de pesca, tamén deberán someterse á responsabilidade ampliada do produtor, é dicir, teñen que pagar pola xestión dos seus residuos ou aos concellos. Poden poñer sistemas de deposito ou outros como xa pasa cos envases, aceites, neumaticos e RAES.

Amigos da Terra celebra a posta en marcha de medidas efectivas para reducir o uso de produtos de usar e tirar, e evitar así o sobreconsumo de recursos naturais e a xeración de residuos desmedida. A UE debería ser máis ambiciosa , e ampliar as prohibicións a outros produtos de usar e tirar, como as cápsulas de café ou os vasos de plástico, así como implementar sistemas de depósito e retorno a aqueles produtos que non poidan prohibirse, para evitar así a grave contaminación que representan.

Algunhas rexións en España, como Baleares, adiantáronse a esta directiva, e expoñen nas súas propias leis medidas (prohibir todo o non reciclable), que acaben con estes produtos. Amigos da Terra solicita ao resto de Comunidades Autónomas que se fagan conscientes da problemática e adopten con présa as medidas propostas na directiva, ou outras máis ambiciosas, para acabar co enorme impacto que xera o plástico dun só uso.