Amigos da Terra celebra o día do medio ambiente e o día dos oceános reclamando un futuro sen plástico

Esta semana celébranse dúas datas importantes para o noso planeta, o día Mundial do Medio Ambiente e o día dos Océanos. Dende Amigos da Terra este ano queremos poñer o foco na problemática dos plásticos para o medio ambiente, os nosos mares e para a nosa saude.
Publicado por o día 04/06/2018 na sección de Amigos da Terra,Medio Ambiente,Política

Amigos da Terra celebra o día do medio ambiente e o día dos oceános reclamando un futuro sen plástico

Esta semana celébranse dúas datas importantes para o noso planeta, o día Mundial do Medio Ambiente e o día dos Océanos. Dende Amigos da Terra este ano queremos poñer o foco na problemática dos plásticos para o medio ambiente, os nosos mares e para a nosa saude.

Activistas de Amigos da Terra estarán esta semana en diferentes municipios costeiros da provincia de Pontevedra diante de grandes supermercados coa acción Plastic Attack , coa que pretendemos sensibilizar ás persoas consumidoras do sobreenvasado das súas compras, dos impactos de todos estos plásticos no medio ambiente e da existencia de moitas alternativas de moi fácil integración nas súas vidas, que axudarían a revertir a situación dun xeito moi notable.

A iniciativa Plastic Attack forma parte do movemento denominado #DesnudaLaFruta, ao que nos sumamos e que busca que a cidadanía extenda este tipo de accións por toda a xeografía e denuncie a través de fotografías nas redes sociais o ridículo e grave que pode chegar a ser este sistema se envases supérfluos e de un so uso, envasando un plátano nunha bandexa de poliexpan, cando un plátano xa ten o seu propio envase natural.

Ademáis, en Galicia, de todos os plásticos que se poñen no mercado, nin sequera un 15% chega a ser reciclado, isto significa que acaban en vertedoiros, incineradoras e o que é peor, nos nosos montes, ríos e mares, despilfarrando así toneladas de recursos naturais precisas para fabricar elementos cunha vida útil de non máis de 10 minutos e con fácil sustitución.

Segundo o Programa Medioambiental de Nacions Unias (UNEP), cada ano chegan ata 12 millons de toneladas de estes residuos aos nosos mares, provocando danos moi graves á fauna mariña e intriducíndose na cadea alimenticia a través dos microplásticos. Segundo as previsións, se a situación continúa como ata o de agora, no 2050 haberá máis plásticos que peixes no mar.

Para frear esta situación é imprescindible reducir drásticamente a produción de plásticos e eliminar todos aqueles que sexan dun so uso, tal e como ademáis obriga a Comisión Europea na nova Directiva de plásticos pendente de ser aprobada nas vindeiras semanas.

Convidamos a Supermercados e grandes empresas a sumarse á moda do Residuo Cero e a que ademáis de promover a reciclaxe nos seus establecementos, poñan a disposición da cidadanía cada vez máis produtos a granel e menos envases innecesarios e perxudiciais para as persoas e o medio ambiente.

Datas e lugares das accións:

6 de xuño –De 12,00h a 14,00h- supermercado Eroski ( Eirado do Sinal) ,Cangas do Morrazo.

6 de Xuño- De 17,00h a 19,00h- supermercado Gadis (Av. Montero Ríos)- Bueu .