Amigos da Terra continua con novas accións de voluntariado forestal nos montes queimados de Tourón

Máis de 20 rapaces e rapaces do grupo Scouts AEIG Maspons i Anglasell procedentes de Cataluña estarán nos montes de Tourón (Melón) dende o 25 de xullo ata o 1 de agosto para participar en distintas actuacións nunha das zonas máis afectadas polos lumes do mes de outubro do ano pasado. Amigos da Terra con estas accións, ademais de contribuír a paliar os efectos dos lumes forestais, busca promover unha sensibilización e mobilización social que faciliten os profundos cambios na política forestal, imprescindibles para reverter o problema incendiario.
Publicado por o día 26/07/2018 na sección de Amigos da Terra,Medio Ambiente,Política

Amigos da Terra continua con novas accións de voluntariado forestal nos montes queimados de Tourón

Amigos da Terra en colaboración co grupo local Vergasta e a MVMC e O Tourón continua coas accións de rexeneración das zonas afectadas polos incendios forestais no monte comunal de Tourón (Melón) que están levando a cabo dende o outono do ano pasado. Durante as semanas pasadas estiveron convivindo no mesmo monte dous grupos Scouts, AEIG Rudyard Kipling e AEIG Itaca, procedentes de Barcelona con máis de 40 rapaces e rapazas entre 14 e 17 anos. Agora acaban de incorporarse un novo grupo de Scouts AEIG Maspons i Anglasell procedentes de Cataluña que estarán nos montes de Tourón (Melón) dende o 25 de xullo ata o 1 de agosto.

Os traballos que se van a levarán a cabo nesta ultima semana de xullo serán a eliminación de vexetación que compita cas árbores frondosas autóctonas plantadas nos anteriores meses, preparación para a rega das mesmas en época de seca, erradicación de plantas invasoras como mimosas ou eucaliptos, eliminación de material vexetal queimado, elaboración de bombas de sementes de gramíneas para contribuír a rexenerar os solos nus, entre outras.

Con estas actuacións, ademais da recuperación de zonas forestais arrasadas polos lumes, búscase a sensibilización e mobilización social que impulse os cambios nas políticas forestais necesarios para evitar que no futuro o risco e o alcance dos incendios forestais segan sendo un problema perpetuo no noso país.

Os traballos levaranse a cabo polas mañás de luns a sábado entre as 10.00 e as 13:00 h aproximadamente.