Amigos da Terra denuncia a corta dun centenar de árbores no Hospital de Piñor, Barbadás (Ourense)

Amigos da Terra denuncia a corta polo pé de decenas de árbores (preto de 100) no Hospital de Piñor, Barbadás (Ourense): Árbores duns 60 anos de idade, diversas especies afectadas (cipreses, cedros, choupos, pradairos, freixos, acacias) árbores plantados nos anos corenta e que compuñan un conxunto de alto valor medioambiental e patrimonial.

Amigos da Terra dirixiu un escrito a Sra. Dna. Eloina Núñez Masid. Xerente Xeral da Xerencia de Xestión Integral de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras o 5 de decembro de 2014 facéndolle ver a importancia de procurar realizar actuacións tendentes a coidar das árbores existentes no recinto hospitalario de Piñor.

A xerencia contestou a Amigos da Terra que: “La tala que se realizará corresponde al requerimiento de la Agencia Estatal de Seguridad Aérea en relación con los alrededores del helipuerto que la base del 061 tiene en el hospital de Piñor (Ourense)….Tenemos preocupación y respeto por la conservación del medio ambiente…”.

Evidentemente é preciso garantir a seguridade aérea, é necesario que a base de helicópteros do Hospital de Piñor conte con tódalas medidas de seguridade, agora ben a tala polo pé de preto de cen exemplares arbóreos das especies enriba sinalas foi abusiva, había árbores que non afectaban a base nin puñan en dúbida a seguridade aérea. Unha actuación insensible e sen xustificación, consideramos que só se debían talar as árbores que efectivamente afectaban a seguridade aérea preservando e tratando axeitadamente ás especies que non supuñan risco. A tala indiscriminada levada a cabo e máis parecida a unha explotación forestal que ao que ten que ser o coidado dun  parque nun recinto hospitalario.

As árbores son símbolo de vida en tódalas culturas dende os primeiros tempos da humanidade.

O mundo científico ten reflectido nos seus informes e estudos que as inundacións, sequias, aludes, catástrofes que transforman os cultivos…son debidos, principalmente, á deforestación e o desprecio que moitas veces realizamos os seres humanos a unha das nosas protectoras, as árbores.

As árbores contribúen entre outras a:
1º.- Diminuír a contaminación e mellorar a saúde dos cidadáns.
2º.- Proporcionar un aforro de enerxía.
3º.- Revalorizar as vivendas, instalacións e cidades.
4º.- Combater o efecto invernadoiro e o cambio climático.
5º.- Incrementar a biodiversidade local e global.
6º.- Conservar a calidade da contorna.

Dende a súa construción o Hospital de Piñor, no 1949, contaba con árbores que cumprían coas función sinaladas anteriormente. As árbores sempre acompañaron a creación de hospitais, centros de saúde…polos seus efectos terapéuticos nos pacientes.

Esta actuación no Hospital de Piñor sumase a realizada no ano 2010. A tala das árbores afecta gravemente  a calidade e pervivencia das árbores existentes dentro do recinto hospitalario.

Solicitaremos de novo a xerencia do Hospital o seguinte:

1º.- Que se protexan todas as árbores existentes no recinto do Hospital de Piñor.
2º.- Que as podas que se teñan que realizar se fagan seguindo criterios técnicos axeitados para a supervivencia das árbores.
3º.- Que tendo en consideración o alto valor das sebes e plantas ornamentais existentes no recinto hospitalario e preciso a súa axeitada protección e axeitado tratamento.
4º Solicitaremos tamén o informe da “Axencia Estatal de Seguridade Aérea” na que se xustifica esta actuación.

PRENSA AMIGOS DA TERRA

Noticias de última hora en Vigo

amigos da terrahospital piñor arborestala arbores ourense

SIGUENOS EN TELEGRAM