Amigos da Terra denuncia novos vertidos ao maltratado río Miño

O río Miño ao seu paso pola cidade de Ourense volve a sufrir un novo vertido continuado de augas residuais que están a afectar gravemente ao entorno ecolóxico e fluvial da zona.
Publicado por o día 01/05/2017 na sección de Amigos da Terra,Medio Ambiente,Vigo

Amigos da Terra denuncia novos vertidos ao maltratado río Miño

Amigos da Terra ven de denunciar os verquidos de augas residuais no rio Miño na cidade de Ourense ao carón da Ponte do Milenio  que se estiveron a producir durante toda esta tarde na que corrían as augas do río Miño contaminadas por un regueiro de augas residuais. Os vertidos eran apreciables e entendéndose augas abaixo ata chegar ata a zona da Chavasqueira.

Estes vertidos véñense producindo de xeito continuado ao longo de todo o ano, xa que non é a primeira vez que ocorren estes feitos, e son habituais cando chegan as épocas de chuvias e que xa foran denunciados en repetidas ocasións por Amigos da Terra.

A orixe de ditos vertidos vai ser denunciada outra vez denunciada ante a Confederación Hidrográfica Miño-Sil para que realice as inspeccións correspondentes por parte da administración, e solicitando información sobre as medidas que se están a adoptar para pór fin a unha grave situación ambiental á que está sendo sometidos os ríos e a imposición das sancións que corresponda

Ase mesmo dende Amigos da Terra preguntase se a estación de bombeo de O Conto está funcionando correctamente e a plena capacidade despois da súa inauguración no mes de setembro do ano 2011, xa que cada vez que veñen unhas cantas choivas tanto a rede de saneamento coma e a estación de bombeo vense desbordadas e inoperativas.