Amigos da Terra denuncia o vertido de dous vagóns ao río Sil requirindo ás administracións que apliquen o principio “quen contamina, paga”

Publicado por o día 04/08/2020 na sección de Amigos da Terra,Medio Ambiente,Política

Amigos da Terra denuncia o vertido de dous vagóns ao río Sil requirindo ás administracións que apliquen o principio “quen contamina, paga”

Amigos da Terra pide a aplicación de normas máis restritivas coa defensa do medio ambiente, como o regulado na Lei de responsabilidade medio ambiental.

Dende Amigos da Terra requirímoslle a Confederación Hidrográfica e a Consellería de Medio Ambiente que aplique á empresa responsable do vertido o principio de Quen contamina, paga regulado na lei de responsabilidade medio ambiental.

Os danos medio ambientais producidos como consecuencia do vertido de dous vagóns ao río Sil, na localidade de Sobradelo no Concello de Carbalella de Valdeorras, causando importantes afeccións ao ecosistema fluvial non poden quedar impune e as adminsitracións teñen que adoptar as medidas preventivas ou de evitación apropiadas, recollidas na Lei de Augas e na Lei de responsabilidade ambiental e cuxa sanción podería carrexa multas de ata 2.000.000 de euros.

Ase mesmo e segundo o artigo 3 da Lei de responsabilidade ambiental contempla a reparación do dano ambiental por conta dos causantes dos feitos. A cualificación de accidente, non exime ás empresas para a execución de medidas de prevención, de evitación e de reparación polo que debe esixirlle aos responsables a retirada dos vagóns da canle do río e a restauración e recuperación ao estado orixinal do ecosistema fluvial.

Consideramos fundamental que as administracións responsables directas do coidado do medio ambiente e da saúde das persoas, apliquen o contido desta Lei de responsabilidade ambiental e a fagan cumprir ás empresas susceptibles de contaminar, previndo a produción de accidentes instrumentando novos sistemas de responsabilidade.

É inaceptable que existindo a lexislación actual, a administración continúe sendo feble coas empresas contaminantes e non vele polo interese xeral da poboación.

Comentar noticia

Your email address will not be published.