Amigos da Terra e Masa Crítica celebran en Ourense a Semana da Mobilidade reivindicando a bicicleta

As actividades comezarán este venres co Park(ing) Day, convertendo unha praza de aparcamento nun xardín efémero.
Por o 13/09/2017 | Sección: Amigos da Terra,Galicia,Medio Ambiente,Ourense
Amigos da Terra e Masa Crítica celebran en Ourense a Semana da Mobilidade reivindicando a bicicleta

Co gallo da celebración da Semana Europea da Mobilidade, a organización ecoloxista Amigos da Terra e o colectivo cidadán de ciclistas Masa Critica Ourense, únense para promover en Ourense diferentes actividades en defensa dunha cidade máis saudable, verde, e habitábel.

Os promotores queren sensibilizar aos responsables políticos e aos cidadáns sobre as consecuencias negativas que ten a irracional dependencia dos vehículos a motor na cidade de Ourense, tanto para a saúde pública como para o medio ambiente, e convidan a deixar o coche e os malos fumes na casa para achegarse a modos de transporte máis sustentables e saudables, como a bicicleta.

As actividades comezarán este venres co Park(ing) Day, unha iniciativa a nivel mundial coa que converterán unha praza de aparcamento nun xardín efémero ou temporal, transformándoa nun espazo para o disfrute das persoas e invertindo así a excesiva ocupación do espazo público polo vehículo privado.

Cine e tapeo en bicicleta

mércores 20 ás 20:30h e con entrada gratuita, en colaboración co Cineclube Padre Feijoo, o Goethe-Institut e a Biblioteca, proxectarase ofilme alemán “Tour de force, unha road movie dun grupo de amigos que emprende unha viaxe en bicicleta ata Bélxica.

O xoves 21 ás 20:00h desde Praza das Mercedes, sairá o “Bicivicio”, unha ruta en bicicleta que se desprazará por diferentes barrios da cidade con paradas de bar en bar, tomando cervexa sen, refrescos e tapas.

Os colectivos convidan ademais a implicarse o venres 22 na celebración do Día Mundial SEN Coches, animando a todos os ourensáns a moverse a pé, en bici ou en transporte público.

O transporte é a principal causa de fragmentación dos ecosistemas e un dos maiores responsables do actual caos na ordenación do territorio e a planificación urbanística, e contribúe ao deterioro da calidade de vida nas cidades. Diminuír o uso dos vehículos a motor ten moitos beneficios ademais de contribuír a frear o cambio climático.

Na semana da mobilidade, deixa o coche e os malos fumes na casa e ven en bici a celebrala con nos!

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.