Amigos da Terra inicia en Ourense a campaña “DoyLaLata”

Ourense será o lugar elixido para a segunda recollida reivindicativa de Amigos da Terra.
Publicado por o día 21/10/2016 na sección de Amigos da Terra,Medio Ambiente,Vigo

Amigos da Terra inicia en Ourense a campaña “DoyLaLata”

A organización busca visibilizar o problema dos residuos abandonados no Estado e reivindicar solucións.

O pasado luns, Amigos da Terra puxo en marcha a súa campaña a nivel estatal, #DoyLaLata cunha primeira limpeza nas Salinas de Vilaboa, en Pontevedra. Seguindo con esta acción mañá, 22 de outubro, a organización realizará a segunda e última recollida da campaña na cidade de Ourense.

Nesta ocasión, Amigos da Terra conta coa colaboración do grupo de Scouts máis dos grupos de estudantes dos colexios Divina Pastora e Maristas Santa María e activistas da organización, para levar a cabo esta recollida reivindicativa as 11h en Montealegre, un espazo de gran interese natural da cidade pero moi degradado pola presenza do ser humano.

A limpeza realizada o pasado día luns, corroborou que máis da metade dos residuos abandonados en rúas e espazos naturais son envases. O cal non é de estrañar, pois os españois consumimos 51 millóns de latas e botellas ao día [1], e co modelo de xestión actual só se recuperan 3 de cada 10 envases [2].

A cantidade de materiais que se desperdician e abandonan e, á súa vez, o diñeiro público investido para a súa limpeza supón un custo moi alto para a cidadanía e o medio ambiente. Por iso, o obxectivo desta campaña e facer visible o abandono do lixo e fomentar a búsqueda de modelos de xestión eficaces para cada tipo de residuos.

Con esta recollida, o Grupo de Galicia pon fin ás limpezas levadas a cabo polos distintos grupos locais ao longo deste mes de outubro en Ibiza, Mallorca, Madrid, Andalucía e La Rioja. Tomando ahora o relevo a cidadanía na foto-acción #DoyLaLata que seguirá activa nas redes socias, ata o mes de novembro, para visibilizar este problema en toda a nosa xeografía.

Amigos da Terra leva anos apoiando medidas eficaces para mellorar a xestión de residuos. Para dar a coñecer a problemática e a súa solución e facer partícipe á cidadanía das mesmas, a organización decidiu lanzar esta foto-acción, baixo o hashtag #DoylaLata, que contribúa a reclamar medidas eficaces para un problema común a toda cidadanía. “Dou a lata” é unha chamada á acción colectiva para reivindicar unha solución eficaz como o sistema de retorno de envases.

Notas:
[1] Datos de elaboración propia extraídos de Ecoembes 2012, Ecovidrio 2012, INE y Canadean.

[2] Estudio económico 2014: Implantación de un sistema de retorno de envases en Cataluña. http://www.retorna.org/es/Estudios/municipios.html