Amigos da Terra presenta 10 Pasos para Liberar ao Sol

Publicado por o día 08/10/2015 na sección de Amigos da Terra,Política

Amigos da Terra presenta 10 Pasos para Liberar ao Sol
  • Tras o secuestro do Sol das grandes eléctricas e o Goberno, Amigos da Terra presenta 10 Pasos para Liberar ao Sol

Amigos da Terra lanzou hoxe a súa campaña de sensibilización, 10 Pasos para Liberar ao Sol, na Porta do Sol en Madrid. No acto, dous monologuistas profesionais representaron o “secuestro do Sol” por parte do Goberno e as grandes eléctricas, e a organización deu a coñecer a súa guía, que dá o nome á campaña, na que se mostran sinxelos pasos para fomentar un sistema enerxético limpo e en mans da xente.

Ante a constante incerteza de que se aprobe o Real Decreto de Autoconsumo é nun ano decisivo na loita contra o cambio climático, Amigos da Terra lanza a guía, 10 Pasos para liberar ao Sol. Na publicación, dirixida á cidadanía, informa de forma detallada sobre as diferentes opcións para avanzar cara a un sistema baseado en enerxías renovables xestionadas pola xente, reducir a factura da luz e mellorar a eficiencia e o aforro enerxético. Con estes pasos, Amigos da Terra anima á poboación para tomar as rendas do seu consumo eléctrico para situarse así no centro da ecuación enerxética á vez que contribúe a frear o cambio climático.

Estas alternativas iranse publicando ao longo de varias semanas na web www.liberaalsol.org. Se se aplicase, por exemplo, un dos pasos unha persoa de forma individual podería aforrar o equivalente a máis de nove toneladas de CO2, o que un coche emitiría percorrendo máis de 60.000 quilómetros (1,5 veces a circunferencia da Terra) [1].

Nos últimos anos, o Goberno en estreita relación coas grandes eléctricas negociou e aprobou normativas que puxeron en xaque ao sector das renovables e ao sector enerxético no seu conxunto. Os recortes ás enerxías limpas, as continuas ameazas de penalizar o autoconsumo así como as subidas incesantes da factura da luz, están a acabar coa paciencia da cidadanía. De feito, as críticas ao “imposto do Sol” van incrementándose; a semana pasada foi a quenda do Consello de Estado, que anunciou a súa oposición á peaxe de respaldo [2].

No acto, Amigos da Terra denunciou esta situación en clave de humor, coa representación do “secuestro do Sol”, levada ao escenario por dous contaconstos profesionais como representantes do Goberno e o oligopolio eléctrico. Os “secuestradores” trasladaron o comunicado ao conxunto da sociedade, a través dunha tele de plasma en rolda de prensa.

A organización lembra que mentres existe tecnoloxía suficientemente madura para cubrir practicamente o 100% da demanda eléctrica con renovables, o consumo actual de enerxía sucia para xerar electricidade é de case un 60% [3].

Hector de Prado, responsable de enerxía de Amigos da Terra, afirma que “ata agora parece que a Administración Pública veulle facendo a cama ás grandes eléctricas, e as consecuencias desta decisión foron funestas, ata o punto de chegar arruinar por centos de familias e start-ups no proceso”. Por elo, de Prado asegura que “é urxente e necesario cambiar o actual modelo enerxético por un baseado en enerxías renovables descentralizadas e en mans das persoas. Precisamente diso trata a enerxía comunitaria, de que persoas, fogares, municipios ou distintas estruturas asociativas, participen de maneira activa neste novo modelo”.

Amigos da Terra quere resaltar con esta campaña que existen alternativas, que é posible “liberar ao Sol”. E faio nun momento de especial transcendencia para A Terra; en decembro os gobernos de todo o mundo deben emprender medidas reais para facer fronte ao cambio climático. Neste contexto, a organización reclama decisións políticas que estean á altura das circunstancias, pero á súa vez, convida e anima á sociedade para emprender un cambio de modelo a nivel individual e comunitario para demostrar a viabilidade das alternativas que xa son unha realidade en liberaalsol.org.

Notas:
[1] Cambiándote a un provedor de electricidade renovable, en 10 anos, pode aforrarse o equivalente a máis de nove toneladas de CO2

http://www.idae.es/uploads/documentos/documentos_Documentacion_Basica_Residencial_Unido_c93da537.p

Mix eléctrico 2014: 267gCO2/kwh:

http://canviclimatic.gencat.cat/web/.content/home/redueix_emissions/factors_emissio_associats_energia/150213_Nota-metodologica-mix_cast.pdf
http://www.eea.europa.eu/highlights/new-cars2019-co2-emissions-well

[2] O Consello de Estado crítica o imposto ao Sol http://www.publico.es/politica/consejo-critica-impuesto-al-sol.html

[3] A enerxía sucia consumida é o 59% do total de enerxía eléctrica consumida en 2014 en España.
Balance de enerxía eléctrica, REE, O sistema eléctrico español 2014 (http://www.ree.es/sites/default/files/downloadable/sintesis_ree_2014.pdf).

PRENSA AMIGOS DA TERRA