Amigos da Terra presenta a exposición “Non queimes o futuro”

– O local da asociación de veciños e veciñas de Palmés acolle, dende hoxe ata o vindeiro 31 de agosto, a mostra organizada por Amigos da Terra “Non queimes o futuro”.

Esta exposición busca concienciar e divulgar ao público en xeral sobre a importancia dos nosos ecosistemas forestais e como protexelos contra os lumes e o abandono.

A exposición “Non queimes o futuro” está organizada por Amigos da Terra e conta coa colaboración e participación da asociación de veciños/as Palmés, a cal pódese visitar dende as 15 h ás 21 horas no local da asociación de veciños/as Palmes na estrada Trasalba nº 26.

Lembramos que, a finais do mes de xullo, a parroquia de Palmés víase afectada por un incendio forestal afectando a máis de 230 hectareas. Formar, concienciar e divulgar ao conxunto da poboación da importancia da prevención de incendios e a importancia dos ecosistemas forestais e do que podemos facer cada un de nós para conservar o patrimonio natural, son parte dos obxectivos desta exposición “Non queimes o futuro”.

“Non Queimes o Futuro” é unha exposición que está formada por un conxunto de 20 paneis de 1 por 0,70 metros. Os paneis, de atractivo deseño, sobre un fondo cor madeira e cunha concepción pedagóxica da información -foron elaborados pola A.S.P.G. (Asociación Socio-Pedagóxica Galega)-, presentan textos, fotos e gráficos.

A serie comeza coa incidencia do lume no desenvolvemento da humanidade e da agricultura, centrándose nos incendios forestais, reflicten sobre os factores que os condicionan, as causas estruturais e inmediatas, e o papel dos humanos como incendiarios (incendios intencionados e por neglixencias). Infórmanos, de seguido, dos valores do monte, sobre as políticas de aproveitamento forestal e de ordenamento dos montes e sobre o que perdemos nun incendio forestal.

A extinción dos lumes forestais e como axudar a evitalos asi como o valor da prevención e unha serie de medidas preventivas, de doada e imprescindible execución, completan a información que ofrecen os paneis.

PRENSA AMIGOS DA TERRA

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

amigos da terraexposicion adt

SIGUENOS EN TELEGRAM