Amigos da Terra publica un Informe sobre os impactos do cambio climático na agricultura

Publicado por o día 27/11/2014 na sección de Amigos da Terra,Política

Amigos da Terra publica un Informe sobre os impactos do cambio climático na agricultura

– Amigos da Terra sempre defendeu a agricultura local e de proximidade, que proporcione unha boa calidade de vida aos pequenos e medianos agricultores por preservar e manter o medio rural e tradicional e que sexa unha alternativa ambiental, social e economicamente viable.

Neste sentido, e coa intención de formular e ofrecer solucións aos retos que nos agardan debidos ao cambio climático realizamos un estudo elaborado por MeteoClim Services en diferentes lugares de España. Cada grupo local de Amigos da Terra elixiu un cultivo para proxectar os distintos escenarios climáticos e de adaptación á que terán que facer fronte os agricultores presentes e futuros. Así en Galicia o estudo centrouse sobre os impactos do cambio climático sobre o cultivo do tomate na comarca de Xinzo de Limia.

Nun escenario máis cálido o cultivo do tomate en Galicia verase abocado a períodos con maiores temperaturas, máis evapotranspiración, un incremento de chuvias en inverno e outono e unha redución notable en verán, cambios todos eles que afectarán a calidade e na apariencia do producto que lle restará valor comercial. Ademais espérase un aumento das anomalías climáticas e a previsible alteración dos calendarios de cultivo.

Pódese descargar nos seguintes enlaces:

– Resume do informe para Galicia aqui >>>
– Informe completo aquí >>>

PRENSA AMIGOS DA TERRA