Amigos da Terra, a Plataforma Rios Limpos e o Comité de Defensa do Monte Galego denuncian vertedoiros ilegais na Serra do Larouco

Publicado por o día 10/11/2015 na sección de Amigos da Terra,Vigo

Amigos da Terra, a Plataforma Rios Limpos e o Comité de Defensa do Monte Galego denuncian vertedoiros ilegais na Serra do Larouco

Os vertedoiros saíron a luz despois do incendio forestal producido o pasado mes de agosto que afectou a Serra do Larouco.

A asociación ecoloxista Amigos da Terra, a Plataforma Rios Limpos e o Comité de Defensa do Monte Galego, acaban de presentar ante a delegación Provincial da Consellería de medio ambiente unha denuncia por vertedoiros incontrolados de lixo e refugallos no medio da serra da do Larouco, no lugar coñecido como “Cruceiro de Gudín”,  parroquias de Lucenza e Gudín, concellos de Cualedro e Xinzo da Limia.

Tratase duns vertedoiros ilegais de todo tipo de residuos (plásticos, vidro, metais, refugallos de obras de construción…) os vertedoiros ocupan unha superficie de 1000 metros cadrados.

Unha boa parte dos residuos dos vertedoiros foron calcinados no incendio forestal que o pasado 30 de agosto afectou a Serra do Larouco, incendio que afectou a máis de 3.200 hectáreas (concellos de Cualedro, Baltar, Xinzo da Limia e Trasmiras).

Ademais da contaminación de todo tipo que xeran, que afectan tamén ás augas superficiais e subterráneas, estes vertedoiros constitúen un potencial foco de incendios.

Dende Amigos da Terra, a Plataforma Rios Limpos e o Comité de Defensa do Monte Galego demandamos ás autoridades competentes que os devanditos vertedoiros sexan retirados, devolvendo ao seu estado orixinal a zona contaminada.