Ampliación horarios de apertura da Sala de Lectura da biblioteca pública Juan Compañel

Publicado por o día 28/06/2019 na sección de Concello de Vigo,Galicia,Vigo

Ampliación horarios de apertura da Sala de Lectura da biblioteca pública Juan Compañel

Co obxecto de facilitar o estudo polo periodo de exames e o uso das instalacións públicas, a Biblioteca Pública Juan Compañel (r/ Joaquín Yáñez, 6), en colaboración coa Concellería de Cultura, ampliará o horario de apertura da súa Sala de Lectura, según o seguinte:

Periodo de ampliación: do 1 ao 18 de xullo, ambos inclusive, e todo o mes de agosto

Horarios ampliados durante ese periodo: Luns a venres, non festivos: de 16 a 20 horas.