Ampliación | Tarde tráxica na praia moañesa da Xunqueira, onde falecen dous bañistas en distintos momentos

Segunda persoa falecida na praia da Xunqueira nun corto intervalo de tempo. Despois que os socorristas sacasen da auga a unha persoa en estado inconsciente a un home de 68 anos, outra persoa faleceu case nas mesmas condicións no mesmo areal.

Este segundo suceso tivo lugar ás 19:45 horas de onte. Nese momento, un particular indicaba aos xestores do 112 Galicia que unha persoa foi sacada da auga á altura do posto de socorrismo e que estaban a facerlle as manobras de reanimación.

De inmediato, os xestores do 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos axentes da Garda Civil e da Policía Local de Moaña e Cangas e tamén dos membros de Protección Civil de Cangas.

Con todo, pese aos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida. As forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias do suceso.

Noticias de última hora en Vigo

SIGUENOS EN TELEGRAM

Comentarios (0)
Publicar comentario