Amplíase a oferta de estacionamentos de servizos na cidade

Incorpóranse a esta modalidade de aparcamento tramos ou rúas enteiras como Luís Otero, Augusto García Sánchez, Estrada ou Filgueira Valverde.
Por o 19/02/2019 | Sección: Galicia,Pontevedra
Amplíase a oferta de estacionamentos de servizos na cidade

O Concello de Pontevedra continúa dando resposta á demanda de veciños e comerciantes que reclaman estacionamentos de servizos en toda a cidade.

Aproveitando o bo tempo da pasada fin de semana, a empresa adxudicataria da sinalización horizontal e vertical pintou a nova sinalización de servizos na rúa Luís Otero, entre a Santiña e a avenida da Coruña; Augusto García Sánchez, diante da farmacia da rúa; a parte superior da rúa Estrada, onde tamén se reservaron dúas prazas para estacionamento para persoas con mobilidade reducida; e a rúa Filgueira Valverde, destinada integramente a servizos logo de que o Concello recibira a sinatura de todos os comerciantes da rúa reclamando esta nova medida.

Dentro destes pintados da sinalización horizontal tamén se fixo a da rúa Herminia Fariña Cobián, como un dos últimos retoques desta obra de reforma que pretende mellorar a mobilidade peonil.

Comentar noticia

Your email address will not be published.