AMSV: Acto por unha nova política social

Publicado por o día 14/06/2015 na sección de Asamblea Movimientos Sociales,Social

AMSV: Acto por unha nova política social

Esta mañá, durante o acto de investidura da nova corporación, integrantes da Asemblea de Movementos Sociais de Vigo nos convocamos fora, mudando as colas da vergoña por unha cola solidaria, para recordar a situación de emerxencia máxima das familias en Vigo que non cubren as súas necesidades básicas. Adxuntamos resumo do texto entregado en rexistro.

CARTA CIDADÁ, POR NOVAS POLÍTICAS SOCIAIS, 2015-2018

 Acollidos aos valores humanos de xustiza social e coincidindo ca constitución da nova corporación municipal de Vigo 2015- 2018, declaramos:

Que as persoas que en contra da súa vontade non cubren as súas necesidades básicas teñen dereito a:

– Políticas de solidaridade institucional urxentes, suficientes, eficaces e eficientes.

– A ser atendidos por equipos mulidisciplinares en condicións de prontitude, comodidade, confort, intimidade e respeto á súa dignidade.

– Teñen dereito a servicios de urxencia social, con atención inmediata, ventanilla única, baixo nivel burocrático, e a un diagnóstico e tratamento no mesmo acto administrativo.

– O tempo de atención nas consultas debe ser suficiente para propiciar un estado de comprensión, confianza, empatía mutua entre os técnicos e os demandantes.

– A recibir copia escrita e selada das demandas presentadas.

– A cambiar de técnicos no caso de non sentirse cómodos coa atención recibida.

Para conquerir estes obxetivos o concello debería innovar nas políticas de benestar social nos seguintes aspectos:

– Crear unidades interdisciplinarias de intervención socioeducativa (UNIS), en cumplimento do decreto da Xunta de Galicia 99-2012, Ley 13/2008.

– Cumplir a normativa e lexislación vixente dunha única historia social por persoa ou unidade familiar para as distintas administración públicas, contemplando a posibilidade de emitir tarxetas sociais (como as sanitarias) trala informatización dos expedientes.

– Baixar os niveles de demora nas xestións administrativas de competencia municipal, ampliando as contratacións ata cumplir os ratios legais de atención social.

– Crear un parque de vivenda pública social en réxime de aluguer en distintos puntos da cidade.

– Aumentar o número de unidades básicas de atención social atenuando a masificación.

– Negociar coa Xunta de Galicia o máximo as melloras de innovación que permitan unha coordinación alonxada das liortas partidarias, institucionais e localistas.

– A institución municipal deberá facer memorias anuais rigurosas e certas, que permitan evaluar fortalezas e debilidades para correxir e mellorar as políticas institucionais.

– Deberá traballarse nun plan de emprego que axude a evitar que outras familias sigan o camino da precarización laboral que desemboca en que se dean situacións de pobreza mesmo en xente que dispón de traballo, creando un proxecto preventivo potente.

En definitiva, hoxe é un día importante para recoñecer públicamente que existe na nosa cidade un gran número de vecinos e veciñas que sufren carencias institucionais en políticas de benestar social, que deben ser correxidas nos primeiros días de existencia desta corporación, ante un estado de emerxencia máxima.

PRENSA ASAMBLEA MOVIMIENTOS SOCIALES VIGO