Ana Belén García Vidal Substituirá a Beatriz Mato como deputada no grupo popular

Publicado por o día 15/01/2020 na sección de Partido Popular,Política

Ana Belén García Vidal Substituirá a Beatriz Mato como deputada no grupo popular

A deputada do Grupo Popular Beatriz Mato Otero formalizou esta maña, na primeira xuntanza que celebrou a Mesa do Parlamento galego no 2020, a súa renuncia ao escano na Cámara galega.

O seu lugar no Grupo Popular será ocupado pola seguinte candidata na lista do PPdeG pola provincia de A Coruña nas eleccións autonómicas de 2016: Ana Belén García Vidal. Natural de Bergondo e residente en Noia, García Vidal é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e foi concelleira no Concello de Noia entre os anos 2015 e 2019.