Ana fai estragos nos montes afectados pola vaga de lumes de outubro

Nestas zonas lévanse a cabo labores de conservación de solos, reparación de infraestruturas e aproveitamento de madeira queimada, que se completarán antes de que remate o ano
Publicado por o día 10/12/2017 na sección de Medio Ambiente

Ana fai estragos nos montes afectados pola vaga de lumes de outubro

A Xunta informaba que a través da Consellería do Medio Rural, está a actuar estes días en diferentes concellos de Lugo para controlar os riscos hidrolóxicos erosivos causados polos incendios e fomentar a recuperación do potencial forestal das zonas afectadas.

En concreto, o departamento que dirixe Ángeles Vázquez está a traballar –ou ten previsto facelo en breve– nos municipios lugueses de Cervantes (parroquias de Noceda e Donís), Negueira de Muñiz (parroquia de Ernes), Chantada (Esmeriz) e Folgoso do Courel (Meiraos). A previsión é completar estas intervencións antes de que remate este mes de decembro.

Para levar a cabo estes labores mobilizáronse arredor de medio cento de traballadores, que xa actuaron –ou están a facelo– en preto de 70 hectáreas mediante técnicas de acolchado de palla (mulching manual ou helimulching, co emprego dun helicóptero para repartir o material). Ademais, situáronse barreiras, para evitar arrastres, nun total de 750 metros lineais e leváronse a cabo tamén actuacións de trituración de madeira afectada non comercial. No caso concreto de Chantada, a maiores arranxouse unha tubaxe de captación dun depósito de auga contra incendios.

Na planificación das tarefas deuse prioridade ás relacionadas coa prevención de arrastres de chan nas zonas máis sensibles, coa vista posta nas chuvias destes días, para evitar que as precipitacións lles afecten. Deste xeito, protéxense os solos para frear as escorrentías, especialmente en áreas de pendente acusada.

Restauración

A Consellería do Medio Rural destina un orzamento de sete millóns de euros para accións de consolidación de solos e restauración de zonas queimadas en toda Galicia. Nunha primeira fase estase traballando nalgúns dos 32 lumes de máis de 300 hectáreas que houbo ao longo do ano 2017 e nunha segunda etapa actuarase naqueles onde sexa preciso. As accións realízanse a través de encomendas de xestión, que contan cun presuposto de 3 millóns para o ano 2017 e os outros 4 millóns para o 2018.

Un exforzo en Bano

As riadas nos montes queimados polo temporal “ana” están a facer das suas, a auga da choiva discorre con violencia polos montes calcinados de O Xurés, en Ourense, así o denuncian os Axentes Facultativos Medioambientais, Axentes Forestais de Galicia na sua conta de facebook oficial cun video, a imaxe que encabeza este artigo corresponde ao video que poden ver a continuación. Os Axentes denuncian que o chan que necesita 500 anos para formarse pérdese desta maneira.

Os Axentes Medioambientais comproban os danos do temporal nas superficies afectadas polos lumes de outono.Chan que necesita 500 anos para formarse pérdese desta maneira.

Aprafoga 发布于 2017年12月10日周日