A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, considera que aínda quedan “pasos para aclarar as causas últimas” do accidente do Alvia en relación a petición realizada polo Goberno estatal á Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) para que complete a súa investigación sobre o accidente, despois de que no mes de outubro a propia CIAF rexeitase a reapertura do informe técnico.
A eurodeputada nacionalista, que é a única denunciante por procedemento de infracción contra o Estado español por vulneración da normativa comunitaria de seguridade ferroviaria, agarda que no 2019 haxa avances neste sentido “que supoñan xustiza para as vítimas do accidente de Angrois e consolo para os seus”.
Precisamente esa denuncia, presentada en xullo de 2017, está pendente de resposta pola Comisión Europea e foi o executivo comunitario quen se comprometeu coa eurodeputada do BNG a preparar un novo informe da Axencia Ferroviaria Europea (ERA) para avaliar a transposición da normativa na actualidade.
O primeiro informe da Axencia Ferroviaria Europea (ERA) de xullo de 2016, cuestionaba a investigación feita pola CIAF española, xa que consideraba que non se realizara unha investigación independente do accidente a avaliación, polo que para Ana Miranda “e moi pertinente que a CIAF teña que completar a súa investigación .
Ao respecto Miranda lembra a comparecencia do xefe da unidade de Seguridade Ferroviaria, Christopher Carr, na Comisión de Investigación do Congreso, quen criticou a falta de independencia do informe da CIAF -xa que nel participaron os por entón directores de Seguridade de Renfe e Adif, Antonio Lanchares e Andrés Cortabitarte- e asegurou que era “demasiado frouxo”.
Seguridade integral
“Que nese momento o xefe de Seguridade da ERA pedira unha nova investigación do accidente significa que o BNG non estaba moi desencamiñado á hora de presentar a denuncia contra o Estado por vulneración da normativa comunitaria”, destaca Miranda, quen recorda que a normativa comunitaria esixe que o Estado español debía ter velado porque RENFE e ADIF aplicaran obrigatoriamente as medidas necesarias de control de riscos, coa responsabilidade de que houbera unha explotación segura do sistema ferroviario e do control de riscos creados nel, tal como esixe a Directiva Marco de Seguridade Ferroviaria de 2004 e o Regulamento do Método Común de Seguridade de 2012.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.